O primeiro curso da Escola de Coñecementos aborda a financiación empresarial

64

A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle mañá, 19 de novembro, a primeira xornada o Curso organización empresarial e financiamento, incluído dentro da Escola de Coñecemento do programa Rural Activo que promove o Concello de Pontevedra para o fomento do autoemprego nas parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido, e que agora se estende a todo o rural pontevedrés.
A segunda sesión deste curso será o vindeiro 26 de novembro. Ambolas dúas sesións será de 19 a 21 horas.
O programa Ruralactivo desenvolveuse nunha primeira fase de faladoiros entre a veciñanza destas tres parroquias, e agora dá un chanzo máis co proxecto Escola de coñecementos, programa formativo de novembro
a abril orientado ao autoemprego e destinado a todo o rural pontevedrés.
Esta Escola de coñecementos arrancou coa xornada inaugural #porunRuralActivo na que estudaron iniciativas galegas de autoemprego rural e do patrimonio cultural como Rei Zentolo, o Festival de Cans, Monte Cabalar, Hortasán.
Dentro da Escola de coñecementos tamén están previstos os seguintes cursos:
• 10 e 17 de decembro: Turismo e patrimonio
• 14, 21 e 28 de xaneiro: Agroecoloxía e diversficiación de montes.
• 11 e 18 de febreiro: Atención e coidados á infancia e á terceira idade.
• Xornadas de transmisión de sabedoría. Datas por definir.