Remata “Tempo de outono” cun obradoiro de cociña de cogomelos

54

O programa Tempo de Outono que puxo en marcha a Concellaría de Parques e Xardíns a pasada semana, rematará mañá co obradoiro: cociña de cogomelos, ás 18.30 horas no local da Federación de Asociacións de Veciños “Castelao”.
Esta programación comezou cunha charla sobre o cultivo de cogomelos e unha saída micolóxica, o pasado sábado, a cargo de Xaime Blanco Dios, experto micolóxico.
Todas as actividades son de balde con inscrición previa ben no número 986 85 22 71 ou ben no correo inscricions@pontevedra.eu