Edificio Fernández López. Exposición permanente do Museo Provincial

67

O Edificio Fernández López, iniciado en 1964, é froito de ampliacións sucesivas, a última inaugurada en 2003. Alberga, xunto ós despachos da dirección, secretaría e persoal técnico, a sala de investigadores, a biblioteca e os arquivos documental e gráfico, constituíndo o núcleo do Museo como centro de investigación.

Horario de visitas: de luns a venres de 08:00 a 15:00 h.