Edificio Sarmiento. Exposición permanente do Museo Provincial

66

O Edificio Sarmiento, construído a principios do século XVIII como Colexio dos Xesuítas, pertence ao Museo de Pontevedra dende 1979. Alberga os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a Antigüidade, a arte galega medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos, Cerámica Celta, azulexos e outros produtos cerámicos, así como a colección Sánchez Mesas – Fernández de Tejada de arte contemporánea e asiático-oriental.

Horario: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado. Entrada polo Sexto Edificio.