Exposición “Roberto Vidal Bolaño”

61

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. Rúa Alfonso XIII, 3.

Horario: de luns a venres, de 09 a 21 h. Sábados, de 10 a 14 h.

 

Esta exposición enmarcase no programa de actividades impulsado por Cultura e Educación para conmemorar as Letras Galegas 2013, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e dá conta da traxectoria de Vidal Bolaño mediante unha proposta de dez paneis que recollen a súa extensa obra con textos e imaxes dos seus espectáculos e personaxes, así como indicacións escenográficas e de dirección. Ten como obxectivo favorecer un maior coñecemento entre a cidadanía do autor, a través da súa escrita, da súa faceta interpretativa, do seu traballo como director e tamén da actividade desenvolvida no ámbito do audiovisual galego.