Sexto Edificio. Exposición permanente do Museo Provincial

67

O Sexto Edificio é unha obra de recente construción, inaugurada en 2013. Acolle as coleccións de pintura española dos séculos XIX e XX e de Arte galega dende o século XIV ata a actualidade, reservándose un apartado destacado para a obra de Castelao. Conta cun auditorio, talleres de restauración e montaxe, depósitos de fondos e sala de exposicións temporais.

Horario de visitas: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.