Adxudicados 93 nichos valeiros nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio

50

O Concello de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación das concesións de nichos valeiros nos cemiterios municipais de San Amaro e Ponte Sampaio, que foi promovida pola Concellaría responsábel da xestión de cemiterios que dirixe Carmen Fouces.
Das 63 solicitudes presentadas foron adxudicados 93 nichos, 91 no cemiterio de San Amaro e 2 no cemiterio de Ponte Sampaio.
No cemiterio de San Amaro adxudicáronse 33 nichos individuais, admitíronse 21 solicitudes de 2 nichos, e admitíronse 4 solicitudes de catro nichos.
No cemiterio de Ponte Sampaio foron adxudicados dous nichos a un solicitante.
As persoas adxudicatarias deberán cumprimentar o procedemento administrativo nun prazo non superior aos 15 días hábiles: pago das taxas, xustificante de ter abonado as taxas, e documentación acreditativa de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social.