Dentro dos traballos de mantemento do centro histórico, e tamén do espazo arqueolóxico de Santa María, a Concellaría de Patrimonio Histórico acaba de habilitar unhas escaleiras no noiro de acceso ao espazo arqueolóxico pola rúa Arcebispo Malvar.
A Concellaría que xestiona Luís Bará, decidiu habilitar estas escaleiras dado que os visitantes e veciños crearon un paso entre o céspede para baixar recto o noiro e non seguir os paseos creados. Ante o uso cidadá, a Concellaría acordou crear as escaleiras que permitan cruzar o noiro con maior seguridade e impedir que se sega a deteriorar.
Inicio Novas