O Concello realiza traballos de mantemento e reposición dos bancos de toda a cidade

36

O Concello de Pontevedra iniciou fai uns meses un plan de mantemento, mellora e reposición –de ser o caso- de todos os bancos de toda a cidade, tanto no centro histórico, como no ensanche e nos barrios.
Resulta visible en rúas céntricas e nos barrios a retirada dos tablóns dos bancos ou das baldas situadas nos alcorques de rúas como en Gutiérrez Mellado.
O traballo que se fai progresivamente e por fases, consiste na retirada dos tablóns do banco, decapado, lixado, barnizado e colocación, outra vez, nos bancos. No caso de que os materiais estean moi deteriorados substituiranse por outros, e tamén se reporán aqueles elementos que non existían.
Outra parte dos traballos é o tratamento dos pes de ferro que están a pintar ou de ser o caso, a ser tratados contra a ferruxe.