Os músicos do Local de ensaio reflexionan sobre a situación da música en Pontevedra

78

A Concellaría de Xuventude presentou esta mañá a xornada de traballo que organizará o Local de música este sábado, a partir das 11.00 horas baixo o título pontevedraferve.  É unha xornada de traballo só para músicos vinculados ao Local de música.
A xornada comezará ás 11.00 horas co traslado en autobús dos participantes cara as instalacións das Adegas Fermenta (Mourente) e celebrarán unha xornada na que se reflexionará sobre a situación da música en Pontevedra; as súas posibilidades; as perspectivas que teñen os grupos; os problemas de xestión que teñen as bandas de rock; como se poden orientar nesta industria…
Logo do xantar, comezará unha sesión vespertina de conclusións, para pechar a xornada cunha pequena festa.
Participarán 40 músicos (as plazas xa están cubertas) vinculados ao Local de música.