A oferta gastronómica de PontedeTapas entrará de cheo na Internet a través das Redes Sociais

70

A sexta edición do concurso PontedeTapas, que se celebrará entre os días 29 de novembro e o 8 de decembro, contará coa participación de 52 hostaleiros locais, que porán a disposición do público unha ampla variedade de pequenas propostas gastronómicas (nas modalidades Tradicional e Creativa) e cócteles.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, está a pechar os últimos detalles dun certame que é xa unha referencia na ponte da Inmaculada-Constitución e que este ano chega con importantes novidades, pois vai ter unha presenza moi destacada nas distintas plataformas de Internet.
Ao longo dos 10 días de PontedeTapas, a ruta dos locais será percorrida por blogueiros gastronómicos, expertos en Redes Sociais, cociñeiros profesionais, xornalistas vinculados ao turismo e, finalmente, actores galegos tan coñecidos como Monti Castiñeiras, Isabel Blanco, Tacho González, Ana Pérez e Bea Hervella. A intención é lograr unha presenza intensa na Rede, na que será posible atopar entradas, comentarios e fotografías suxestivas que inviten a participar.
Carlota Román explicou que nestes dous últimos anos estase a producir unha aposta forte pola promoción turística de Pontevedra a través da Internet e isto obriga a interconectar toda a programación da Concellería cunha estratexia transversal que está a dar magníficos froitos.
PontedeTapas chega este ano á sexta edición recuperando as modalidades de Tapa Tradicional, Tapa Creativa e Cócteles. Ademais, os premios, como xa se fixera nas primeiras edicións serán decididos por un xurado profesional que estará presidido por Pepe Solla e integrado por Alfonso Cabaleiro, Benigno Campos, Nieves Rodríguez e Eva Pizarro.

Mantéñense as habituais urnas de votación para o público. Ao remate haberá un sorteo entre todas as papeletas emitidas O primeiro premio será unha viaxe e o resto, vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.
O prezo de cada tapa mantense inalterable en 1,50 euros, bebida non incluída. As tapas deben estar dispoñibles en cantidades suficientes no horario de 12.00 a 16.00 horas e 19.00 a 23.30 horas. Román destacou que o prezo non ten mudado dende que o concurso botou a andar. Paralelamente, o prezo unitario do cóctel será de 2,50 euros e, ao igual que as tapas, debe estar dispoñible para o público no horario de apertura dos locais de lecer participantes.
O xurado reunirase e decidirá os gañadores nunha gala final de PontedeTapas a celebrar o día luns 16 de decembro, na que os finalistas elaborarán a súa composición en directo. Nesta mesma gala entregaranse os premios. O xurado outorgará tres diplomas aos gañadores de cada modalidade de tapas e cócteles. Haberá outro diploma máis, correspondente aos premios do público.

Os establecementos participantes nesta nova edición de PontedeTapas son:
Abadía
“Patatas huevos y chorizo”
Tapa tradicional

Adega de Maria
Dirección: Profesor Filgueira Valverde,10
“Tapa Adega”
Tapa creativa

Adega dos Avós
"Sorpresa".
Tapa creativa

Asador o Forniño
"Medallón de entrecot en pan de nueces y pasas con queso fresco"
Tapa creativa
A Casa do Trasno
“Rollitos de bacon con langostinos”
Tapa creativa

Badiana Tapas
"Hot Cod"
Tapa creativa

Barbol
"Otoño"
Tapa Tradicional

Café Bar Brasil
"Leche Frita con Jamón Serrano"
Tapa creativa

Café Bar Carabela
"Flor de Polbo"
Tapa creativa

Café Central
“Trío en el Central”
Tapa creativa

Cafetería Sonata
"Porco Druída"
Tapa Tradicional

Casa Román
"Empanada de bacalao con pasas"
Tapa creativa

Casa Verdún
"Café, Copa e Puro"
Tapa creativa

Cervecería PTV
"Picnic de xenebra"
Cóctel

Cotton Club
"Algodón Frozen"
Cóctel

Chirala Bar
"Crema Daikí"
Cóctel

Crepería Cre-Cotte
"Bocadiño de Crepe Galega"
Tapa creativa

Dr Livingstone
"Caipiroska de gengibre"
Cóctel

El Aleph
"San Juan, Magosto y San Martín"
Tapa creativa

El Cafetín
"El huevo de otoño"
Tapa creativa

Flanagan Cocktail
"Dsredfgtre"
Cóctel

Hotel Madrid
"Filloa rellena de chorizo y grelos"
Tapa Tradicional

Hotel Rías Bajas
"Piquillo con risotto de gambas"
Tapa creativa

La casa de las 5 Puertas
“Delicias de Rape"
Tapa creativa

La cámara
"Buñuelos otoñales"
Tapa creativa

La Espuela
"La Espuelita"
Tapa Tradicional

La Estafeta
"Porquiño ó San Simón"
Tapa creativa

La fuga de Blas
"Ravioli crujiente de calamar y zamburiña con alioli negro"
Tapa creativa

La Ibense
"Grelos con croca de ternera a plancha"
Tapa creativa

La Platería
“Plataperia”
Tapa creativa

La Tienda de Clara
"Menú"
Tapa creativa

La Tienda de Clara Grill
"Bocadito Sorpresa"
Tapa creativa

La Tienda de Clara Teucro
"Pío pío colorao"
Tapa creativa

Loaira
"Boletos Edulis, xema de ovo e escuma de pataca trufada"
Tapa creativa

Meigas Fora Dirección: San Román, 4
"Coello come castañas"
Tapa creativa

Nove Anxos
"A proba do nove"
Tapa creativa

O Quente Tapas
“Zamburiñas con reducción de Pedro Ximenez”
Tapa creativa

Parador de Pontevedra Dirección: Barón, 9
Gin Tonic "Casa do Baron"
Cóctel

Parador de Pontevedra
“Zamburiñas rellenas con sushi de calabaza dulce”
Tapa creativa

Pequeño Karma
“Mete la Gamba !!!”
Tapa Tradicional

Pequeño Karma
“Surfing the Lérez”
Cóctel

Piano-Café
“Lacon-e nada”
Tapa Tradicional

Pintxoviño
“Bacalone”
Tapa creativa

Pontetapas
"Milhojas del mar"
Tapa creativa

Pub Marilyn Dirección: San Xulian, 17
"Amarelo Marilyn"
Cóctel

Recorcho Gastrobar
"Galaico-Nipon"
Tapa creativa

Restaurante Room Lounge Bar
"PolboRoom"
Tapa creativa

Rumore Lounge Pub
"Island"
Cóctel

Sidrería Montañés
“Vieira con torresmo e crema de fabas de Lourenzá”
Tapa Tradicional

Taberna Zentola
“Tosta crocan-t-d-bacón”
Tapa Tradicional

Tapería A Trigueira
“Filloas da Leña”
Tapa Tradicional

Universo
“Bicos de albariño”
Cóctel.