Comeza a rehabilitación integral do firme en Pazos e Ría de arriba, en Marcón

47

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe os traballos de rehabilitación integral e pintado da sinalización horizontal do firme no lugar de Pazos e na Ría de arriba, na parroquia de Marcón.
Trátase dunha obra cun orzamento de 120.000 euros e que foi unha das priorizadas polo Consello parroquial. A actuación vai dende Pazos até a estrada xeral de Bora e dende a Ría de arriba até a mesma estrada.
Aproveitando a obra tamén se reporá o firme en parte do núcleo de Ría de Arriba, xa que se atopa en moi mal estado, tal vez o punto peor da parroquia de Marcón.