Inicio dos traballos de mellora da estrada de Ponte Cabras, en Lérez

48

O Concello de Pontevedra iniciou nesta semana as obras de restauración do firme no lugar de Ponte Cabras, na parroquia de Lérez. Trátase dunha obra que irá acompañada dos necesarios traballos de urbanización como canalización de pluviais.
A obra, incluída dentro do Plan de mellora das vías rurais presentada polo concelleiro coordinador do rural, Demetrio Gómez, pretende mellorar o acceso a esta zona de Lérez, e está aparellada ao peche da vía perpendicular que une a zona coa estrada da Gándara e a N-550, até que rematen os traballos.