O estacionamento de Pasarón estará operativo a partir da vindeira semana

61

O estacionamento disuasorio habilitado no barrio do Burgo, na parcela anexa a Pasarón, estará operativo ao longo da vindeira semana. O concelleiro responsábel do barrio do Burgo, Luís Bará mantivo onte unha reunión para coñecer o estado das obras de acondicionamento da parcela que xa ten o firme acondicionado, está debidamente sinalizada e está pendentes de pequenos detalles que permitirán pola a disposición dos conductores a partir da vindeira semana.
O espazo habilitado para o estacionamento é arredor de ¾ da parcela, uns 3.000 metros cadrados que darán cabida a uns 100 ou 120 vehículos. En coordinación coa Policía Local acordouse que a parcela tivera dúas entradas: por Luís Otero e pola Avenida da Coruña, e unha saída: pola rúa Luís Otero. O acceso da avenida da Coruña é en costa e un tanto estreita como para permitir a entrada é saída, pero acordouse habilitar porque así tamén poderá absorver os tráficos que veñan da Santiña.
Ao longo da vindeira semana informarase do día no que entrará en funcionamento este novo estacionamento disuasorio no norte da cidade.