O estacionamento disuasorio de Pasarón abre o xoves

68

O Concello de Pontevedra abre este xoves, 28 de novembro, o estacionamento disuasorio do barrio do Burgo, situado na parcela anexa ao campo de fútbol municipal de Pasarón. Poderase acceder a el dende primeira hora da mañá.
Trátase dun terreo duns 3.500 metros cadrados que se aproveita nas súas ¾ partes para uso de estacionamento. A capacidade de aparcamento pode ser duns 100 ou 120 vehículos.
As entradas ao estacionamento están habilitadas polas rúas Luís Otero e avenida da Coruña, e a saída soamente pola rúa Luís Otero, onde o acceso é máis ancho.
Á par que a Concellaría de obras que xestiona Luís Bará abre este estacionamento disuasorio en Pasarón, continúan os traballos de roza, explanación e acondicionamento da parcela que ía acoller o IES Carlos Oroza, no barrio de Pontevedra Leste. Este novo estacionamento disuasorio terá unha capacidade para uns 100 vehículos e poderá estar habilitado para a campaña do Nadal.