Todo listo para iniciar a restauración do cruceiro de Casal do Mendo

39

O Concello ten a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para restaurar o cruceiro de Casal do Mendo, da parroquia de Campañó. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Patrimonio Histórico e Cultura, Luís Bará quen confirmou que as obras comezarán de inmediato, probablemente a vindeira semana. A obra terá dúas fases: faranse obras no contorno do cruceiro protexéndoo cunha circunferencia de pedra e lastro dun diamétro de 5 metros. Tamén se pintará a sinalización horizontal en toda a zona, para evitar que o maior número de vehículos empreguen o cruceiro como rotonda.

Luís Bará informou que o cruceiro permanecerá na súa actual situación. Estes traballos farannos a brigada municipal de obras.

A segunda fase será a da propia restauración, empezando pola limpeza e retirada de todas as varillas de ferro que se empregaron noutras fases de restauración. Faranse traballos de consolidación e unión das pedras con inxertos de pedras similares a orixinaria. 

Luís Bará confía en que esta obra estea rematada de aquí a finais de ano. Ten un custe de 12.511 euros e é a primeira restauración e recuperación do Plan de cruceiros.

Dentro da área de Patrimonio Histórico, o concelleiro explicou que no espazo arqueolóxico de Valentín García Escudero estanse a facer traballos de conservación e mantemento, que está a realizar a empresa Tomos por 3.425 euros. Tamén se realizou o pintado das tubaxes onde están os pilotes de madeira do peirao e os portais.

Tamén se están a facer traballos de roza no Castro das Croas, incluído dentro do proxecto de posta en valor do espazo etnoarqueolóxico de Salcedo, que se iniciou coa recuperación dos Muíños do Batán.

Os traballos comezaron coa roza do castro e do perímetro da ladeira que dá aos muíños do Batán. Tamén está previsto unha corta de árbores, autorizada por Patrimonio, e un levantamento topográfico. Logo da primavera, comezarán os traballos de excavación.

Rúa Riesta

Por outro lado, o concelleiro informou da situación de distintas obras na cidade. Explicou que esta semana comezaron, por terceira vez, a recolocación do lastro da rúa Riestra. A pesar de que esta rúa xa viviu distintos procesos de colocación do lastro sobre area, e ante o mal resultado da obra, o Concello acordou substituir a area por masa para evitar que se movan os lastros. Até o de agora non é preciso restrinxir o tráfico, pero poderá ser posible nos vindeiros días.

Luís Bará quixo pedir desculpas aos veciños da zona polos inconvintes que pudo supoñer esta obra durante estes anos.

Tamén advertiu de que mañá ponse a disposición dos conductores o estacionamento disuasorio do barrio do Burgo, na parcela de Pasarón. Trátase dunha medida provisioria mentres non se executa a zona verde prevista no lugar.

Tamén adiantou que as obras do estacionamento da zona leste poderán estar rematadas para o Nadal, e o que está próximo ao do Torrente Ballester non se acometerá até o ano que vén.