As obras da marxe dereira do novo abastecemento de auga á ría poderán estar rematadas en outubro

63

O Concello de Pontevedra acolleu esta mañá a comisión de seguimento das obras do novo abastecemento de auga potábel a Pontevedra e á súa ría. Na reunión, á que asistiron a práctica maioría dos alcaldes dos concellos que participan no proxecto (Pontevedra, Marín, Vilaboa, Poio e Sanxenxo), Pontevedra estivo representada polo alcalde Lores e polo concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.

Na reunión fíxose repaso da situación actual das obras. Na marxe dereita (Pontevedra-Poio-Sanxenxo) están abertos 11 puntos de obra e xa se realizou a colocación de 11 quilómetros de tubaxes. Tamén se está a traballar na instalación de novos depósitos en Sanxenxo, Poio e Pontevedra, e en breve comezarán os traballos para a ampliación da potabilizadora de Pontevedra. Segundo a estimación da empresa pública Acuaes, que xestiona a obra, as obras da marxe dereita poderán estar rematadas no mes de outubro.

Ao respecto da marxe esquerda (Pontevedra-Marín-Vilaboa), está en fase de licitación a obra en Pontevedra e Vilaboa, e en Marín está en redacción o novo proxecto logo de aceptar algunhas das alegacións veciñais e ao ter en conta no novo Plan Xeral aprobado logo da elaboración do primeiro proxecto.

A pesares de este posible retraso, as obras van en tempo e está previsto que se poidan rematar antes de decembro de 2015.

Na reunión desta mañá, Pontevedra fixo dúas peticións aos directivos de Acuaes: que avisen con debida antelación as obras que poidan afectar aos núcleos habitados dos concellos, especialmente de Pontevedra; e que se teñan en conta as alegacións veciñais que poidan ser razonables. A ambas cousas, a directora de Acaes no noroeste peninsular, Isabel Pérez Espinosa, respondeu afirmativamente se ben adiantou que as alegacións ou proposicións veciñais deberán ser atendidas a pé de obra, xa non se abrirá un proceso de alegacións, e todas aquelas que poidan ser atendidas e evitar o maior número de danos ás propiedades privadas ou comúns, se fará.

Ao respecto das obras de Acuaes na avenida da Barca de Poio, que obrigou a realizar un operativo de tráfico de urxencia na cidade de Pontevedra e a restrinxir o tráfico na ponte da Barca, a previsión de Acuaes é pasar a glorieta da Barca antes do inicio do Nadal.