Lores e Ramallo asinan o acordo da auga de Marín

58

Os concellos de Pontevedra e de Marín asinaron hoxe o acordo regulador do abastecemento de auga potábel de Pontevedra a Marín. O acordo foi rubricado polos alcaldes Miguel Anxo Fernández Lores e María Ramallo, de Pontevedra e Marín, respectivamente que declararon que "hoxe é un bo día para Pontevedra e para Marín".

Con este acordo regulador se garante o abastecemento ao concello de Marín e regúlase o abastecemento en alta da auga a vivendas e do consumo industrial, en calquera punto do concello de Marín. "Con esto rematamos unha serie de conflictos, de problemas, que veñen de vello, e que quedarán regulamentados de cara ao futuro", explicou Fernández Lores, quen resaltou a obriga que teñen as administracións "de enterdernos e tentar chegar a acordos". 

O alcalde de Pontevedra agradeceu o traballo realizado polos técnicos municipais de ambos concellos así como dos concelleiros de Facenda de Pontevedra e Marín que participaron activamente nestas negociacións que tiveron unha marcada liña política, e que hoxe presenciaron a sinatura do acordo regulador.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo destacou que "o importante é porse de acordo nunha realidade que non estaba clarificada".

Este acordo ten unha duración por dous anos e poderá ser prorrogado até que non sexa denunciado por unha das partes.

Ver documento PDF