Reordenación das zonas de aparcamento de servizos na cidade

71

Dende o luns, o Concello de Pontevedra comezará un plan de reordenación das zonas de aparcamentos de servizos da cidade, especialmente de aqueles habilitados a primeiros de setembro e vinculados aos centros escolares. Logo de facer un estudo detido do seu funcionamento durante estes primeiros meses, a Concellaría de Protección Cidadá, que xestiona Carme da Silva, e seguindo os criterios técnicos eliminará a zona de servizos habilitada na rúa Estrada, e reducirá de 08.00 a 15.00 horas o estacionamento de servizos nas rúas Rosalía de Castro e Iglesias Vilarelle (até o de agora era até as 21.00 horas).

Ademais, ampliaranse zonas de aparcamentos de servizos nas rúas Martitegui, que será na súa totalidade de servizos, e Echegaray que será, tamén, toda zona de aparcamento de servizos: á dereira en liña, e á man esquerda en batería, respectando os especionamentos especiais da zona (para ambulancias, para persoas con discapacidade, para autobús).

O Concello comezará a sinalizar todas estas zonas esta mesma noite, para prohibir o estacionamento e poder pintar o domingo.

Por outro lado, o Concello tamén retirou a autorización provisoria outorgada para o estacionamento de servizos na parte alta da rúa Arcebispo Malvar. O Concello e a Policía comprobaron que a solución adoptada non obtivo os resultados esperados por iso acordouse eliminalo e, tamén, porque a zona monumental está suficientemente dotada de estacionamentos de servizos no seu ámbito.

Tamén está previsto habilitar una zona de aparcamento de servizos no ámbito da Escola Infantil da Parda, porque existe unha problemática diaria na zona ao tratarse de nenos escolarizados de cero a 3 anos que moitos pais levan en coche polas mañás.