Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3.
Un obradoiro de adornos victorianos para adultos, outro para nenos de adornos para árbores de Nadal con contas de vidro, visitas guiadas e actividades para familias, constitúen o programa complementario da exposición Sopros de Nadal dedicada ós adornos artesanais de vidro para árbores de Nadal.
Adultos > Obradoiro de adornos victorianos. Consta de seis sesións a celebrar os días 6, 13, 20, 27 de novembro e o 4 e o 11 de decembro, en dúas quendas: de17 a 18:30 h. e de 19 a 20:30 h. O número máximo de participantes será de 12 persoas por quenda.
Nenos e nenas > Obradoiro de adornos para árbores de Nadal con contas de vidro. Esta actividade na que se seguen os mesmos métodos que empregan os vidreiros checos, complétase coa visita guiada á exposición Sopros de Nadal e o xogo Atopa o Nadal no Museo. Dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos que poden elixir un dos seguintes días: 23, 26, 27, 30 de decembro, 2, 3 de xaneiro. De 11 a 13:30 h. O número máximo de participantes será de 15 por día.
Familias > Visita guiada á exposición Sopros de Nadal. Todos os sábados ás 17 h. Proxección de películas de Nadal, Venres 27 de decembro e 3 de xaneiro ás 18 h.
Inscricións na Secretaría do Museo. Tfno. 986 804 100 ext. 42436