“X Aniversario A Revira”

53

Actividades organizadas pola Asociación Cultural A Revira dentro das actividades do seu décimo aniversario.

Venres, 6 de decembro: Concerto coa presenza de Champurrada, Skarmento e García MC xunto con DJ Mil. A festa continuará no Bar Lusco e Fusco, con música galega. Lugar: Sala Karma. Hora: 21:30 h. Prezo: 7 €.

Sábado, 7 de decembro: Ás 19:30 h. no Centro Social A Revira (Rúa Gonzalo Gallas, 4) > Conferencia a cargo de Xosé Neira Vilas, o autor do libro máis lido da literatura feita en Galicia, o emblemático “Memorias dun neno labrego”, quen abordará a relación histórica de Galicia co mundo americano, materia na que leva desenvolvendo as súas investigacións dende hai varias décadas, e sobre a que posue un ampla experiencia persoal, despois de vivir 31 anos en Cuba. Sobre as 22 h. > celebrarase unha cea de confraternidade (con inscrición previa) e a partir das 23:30 h. pecharase o aniversario cunha festa que incluirá sorteos e outras sorpresas.