Concerto de Nine Stories + Big City

63

Lugar: Pequeño Karma. Rúa Paio Gómez Charino, 29 baixo.

Hora: 22 h. Apertura de portas ás 21:30 h.

Entrada gratuíta.

Os madrileños Nine Stories fan cancións con calquera instrumento que caia nas súas mans. Algúns opinan que parecen sacadas da banda sonora dunha película que aínda non se realizou, con letras habitualmente en inglés. Big City, formada na primavera de 1999, pasou por un clásico e distorsionado rock americano ou o country ata que abandonou os ecos máis 60´s e 70´s en favor de influencias máis actuais.