Presentación de “Lágrimas por una medalla”

74

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Lágrimas por una medalla, autobiografía da campioa olímpica de ximnasia rítmica Tania Lamarca da que é coautora a xornalista deportiva Cristina Gallo.

Intervirán Víctor Riobó, Cristina Gallo e Tania Lamarca, esta última a través de vídeoconferencia.

Previamente, a partires das 19:45 h., o Club de Ximnasia Rítmica Rías Baixas realizará unha exhibición deportiva de benvida na zona de cristal do Sexto Edificio do Museo.

Tania Lamarca foi unha das "Nenas de Ouro", o conxunto de ximnasia rítmica que subiu ao podio en Atlanta. Cun envexable palmarés, foi retirada da competición por decisión federativa.