Leds para os barrios de A Seca, Os Campos e Santa Margarida

54

O Concello de Pontevedra executará en breve a mellora da eficiencia e aforro enerxético nos barrios de Santa Margarida e Os Campos, na parroquia de Mourente, e no barrio da Seca. Trátase dun investimento de 140.000 euros que implica a renovación de todas as luminarias destes barrios e serán substituídas por leds.

Esta nova tecnoloxíca significa un aforro do 80% do consumo. Trátase dun investimento caro, dado que cada luminaria ten un custe duns 400 euros. Nestes barrios vanse substituír unhas 370, aínda que no Concello hai máis de 20.000 polo que o Goberno Local aspira a súa substitución integral, pero paseniñamente.