O Concello reordena o ámbito da Alameda

58

O Concello de Pontevedra está disposto a que o ámbito Echegaray, Alfonso XIII e Alameda teñan os mesmos estándares urbanos que o resto da cidade, por iso, o concelleiro de Mobilidade, César Mosquera informou esta mañá que unha vez que rematen as obras de Acuaes na avenida da Barca, en Poio, restaurarase o dobre sentido na ponte da Barca, pero o Concello restrinxirá a circulación nestas tres rúas, agás servizos.

Está previsto que na rotonda de San Roque instálese unha sinalización de prohibido a circulación agás servizos.