Visita guiada: “Ven ó Sarmiento!”

66

Datas: os venres, do 18 de outubro ao 13 de decembro.

Hora: 18 h.

Percorrido guiado polo Edificio Sarmiento a través da súa historia, a súa arquitectura e os fondos que nel se expoñen.

Necesaria inscrición previa a través do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ao 986 804 100 ext. 42413.

O percorrido realizarase a partir de un mínimo de 5 persoas. O punto de encontro será no Sexto Edificio.