Fin ás obras de Acuaes na Barca o 20 de decembro

40

O Concello de Pontevedra coñeceu esta mañá o plan de traballo da empresa pública Acuaes na avenida da Barca do Concello de Poio, que obrigou a realizar un plan de tráfico específico para a zona colindante co concello veciño. Entre as medidas atópase o peche da ponte da Barca, de saída da cidade.

Este plan de traballo rexista que as obras neste primeiro tramo rematarán na semana do 20 de decembro, polo que a partir dese momento o operativo será desarticulado. 

A nova obra, que partirá da rotonda da Barca cara Domingo Fontán, comezará logo de Nadal, sobre o día 7 de xaneiro.