Pontevedra, convidada en Aveiro nunha xornada sobre o peón e a cidade

82

O Concello de Pontevedra foi convidado a participar mañá na conferencia “O peao e a cidade” organizada pola Camara municipal de Aveiro, e baixo a coordinación científica da Universidade de Aveiro. O Concello estará representado polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que disertará sobre o modelo de cidade de Pontevedra.
A participación do alcalde será dentro da sección “Proxectos europeos centrados no peatón: casos de referencia”, xunto a Ole Thorson da Asociación Catalunya camina.
O Concello de Pontevedra está a recibir convites para participar como ponente convidado –como neste caso- en conferencias de distintos puntos de Europa, pero o Goberno local escolle aquelas que supoñen os menores custes e as máis rendibles para Pontevedra.