Un ambicioso plan para recuperar o monte

82

A Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra presentou hoxe no Concello de Pontevedra o Plan de Ordenación do Monte elaborado en colaboración co Concello e que pretende ordenar e rendibilizar o monte en mancomún de Pontevedra nun prazo de 10 anos.

Na presentación desta mañá explicouse que a Mancomunidade está integrada por 12 comunidades de montes veciñais en man común que suman arredor de 2.600 hectáreas de monte que supón arredor do 22% da superfice do termo municipal de Pontevedra. Este dati xa é suficiente para cuantificar a súa importancia que non afecta soamente aos 3.400 comuneiros que son, na actualidade, os seus usufructuarios senón que, contando as súas familias, a superficie veciñal involucra practicamente á totalidde dos habitantes do rural pontevedrés mais tamén aos habitantes da cidade polas funcións ambientais -reducción de emisións de carbono, mellora da calidade do arie, regulación do réxime hídrico- e sociais que realizan os montes veciñais abertos á poboación  para o seu lecer en contacto coa natureza.

O punto de partida das diferentes comunidades é mo diferente xa que hainas cunha supeficie moi extensa como Ponte Sampaio, Verducido, Santo André de Xeve que superan as 300 hectáreas e outras -Castro Lampán e Salgueiral, ambas en Bora, Lourizán, Lérez, Mourente, Tomeza que non acadan as 100 hectáreas. No medio, Salcedo, Santa María de Xeve e Marcón supoñen en conxunto case un tercio da superficie da mancomunidade mentres que os tres pesos pesados acadan o 55%.

O proxecto de Ordenación parte dun coñecemento exhaustivo dos condicionantes da xestión do monte e dos seus recursos para planificar a xestión futura cun horizonte temporal de dez anos.

Entre os aspectos inventariados pódense citar, aspectos legais como as servidumes, as cesións, os enclavados, aspectos naturais como a capacidade productiva, tamén os espazos de alto valor de conservación, os recursos do patrimonio cutural, etnográfico e os equipamentos existentes nos montes veciñais e, por suposto, as masas forestais. Avalíanse tamén aspectos cualitativos coma a paisaxe e se establecen medidas para a súa mellora e conservación.

Os montes suman un total de 2.234 hectáreas da superficie forestal repartidas entre o eucalipto (37%) que é a especie con presenza maioritaria, o piñeiro (22%), as frondosas (16%) e as superficies destinadas a mato (22%).

O punto de partida e o principal condicionante da xestión futura é a catástrofe ambiental que a nivel municipal especialmente, supuxeron os incendios forestais do ano 2006. A partir de entonces e até agora as comunidades investiron na restauración máis de 2.4 millóns de euros dos que un procede do programa Monte Vivo a partir das subvencións concedidas por este obxectivo.

O proxecto de Ordenación está orientado segundo os criterios e principios da xestión forestal sostible e na procura de obter o máximo de utilidades posibles do monte, non contemplando unicamente a súa función económica senón tamén os múltiples servizos ambientais e sociais que presta. Un dos máis importantes e dos máis valorados polos veciños é o subministro de auga xa que no rural este provén de traídas privadas e colectivas que teñen a súa orixe nos mananciais do monte veciñal.

Para conseguir realizar esta optimización da xestión realízase unha zonificación do monte que segrega en primeira instancia as superficies de alto valor de conservación, os chamados montes baixos -parcelas pequenas dos montes veciñais situadas entre o entramado dos núcleos rurais- nos que predomina a función social e a prevención de incendios e os montes altos nos que se concentra a función productiva e protectora.

Un obxectivo fundamental da xestión é a prevención de incendios dende a propia estrutura e composición da masa forestal para o que se crea unha rede de áreas de prevención baseadas na rede hidrográfica cumprindo así un múltiple obxectivo de conectividade das zonas de maior interese ecolóxico, paisaxístico e de defensa contra incendios forestais.

A función cultura do monte é un aspecto a potenciar de forma ordenada e coordinada entre todas as comunidades de montes que ofrecen unha rede de puntos de interese turístico -a partir dos seus recursos culturais e etnográficos, paisaxísticos e aos equipamentos existentes- e unha rede de áreas de esparexemento de interese local, todas elas interconectadas a través dunha intensa rede de pistas e sendeiros que permiten o achegamente á natureza a todos os habitantes do termo municipal.

Neste sentido, o proxecto estudo e presenta tamén un plan organizativo para a mancomunidade para que intensifique o seu papel de apoio ás comunidades que a integran, asumindo funcións como a coordinación da función cultural, da participación social, da educación ambiental, nos montes veciñais e tamén a organización e xestión conxunta de aproveitamentos cara acadar unha maior rendibilidade dos mesmos.