Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra.
Hora: 18 h.
A compañía Matapiollos Teatro porá en escena a obra “Mario”. Un libro…unha aventura. Unha biblioteca… un mundo. Mario é un rapaz que sempre está aburrido pero, un bo día, atopa algo que esperta a súa curiosidade, un libro moi especial que o vai levar por todo o mundo…, sen moverse da sala de lectura.
Destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos, no salón de actos da biblioteca. Entrada de balde, ata completar aforo.