Lugar: Pequeño Karma. Rúa Charino, 29.
Hora: 22 h. Apertura de portas ás 21 h.
Entrada de balde.
La casa de los ingleses comeza en 2010, versionando cancións de Vetusta Morla, Deluxe, etc.
Co tempo foron incorporando máis versións e creando as súas propias cancións inspiradas principalmente na música independente da escena española dende os 90 ata hoxe: Los Planetas, La habitación roja, Lori Meyers, Vetusta Morla…