“O bosque animado”

66

Lugar: Sexto Edificio.

Hora: 17 h.

Entrada libre e gratuíta.

Proxección do filme de animación “O bosque animado”, dentro do ciclo de cine infantil organizado polo Museo de Pontevedra.

Libremente inspirado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez, “O bosque animado” é a primeira longametraxe de animación integramente rodada en tres dimensións que se fai en España. Mentres o ocioso señor D'Abondo e o seu criado Rosendo atravesan a misteriosa e frondosa fraga de Cecebre, o criado sospeita que as árbores teñen vida e non dubida en exclamar: “Parece que este bosque tivese vida”.