“A delirante historia dun pagode”. Ciclo “Cine e Arquitectura”

40

Lugar: Teatro Principal.

Hora: 20 h.

Proxección dentro do ciclo “Cine e Arquitectura”, organizado polo Cine Club Pontevedra. Un documental de Andrés Rubio, no que fala da obra e figura de Miguel Fisac, sen dúbida unha pedra angular da arquitectura moderna española.

O pagode, como popularmente era coñecida a sede dos laboratorios Jorba, foi un edificio situado na autoestrada de Zaragoza. O singular edificio foi demolido debido a que nunca foi incluído no catálogo de edificios protexidos de Madrid, e a súa privilexiada situación o fixo vítima da especulación inmobiliaria.

O documental, que foi estreado no festival de cine de arquitectura de Rotterdam, ademais de documentar os aspectos que interviñeron na destrución do edificio, mostranos a personalidade e especial carácter do seu autor, mediante testemuños de diversos arquitectos que nos axudan a debuxar un perfil máis a fondo deste extraordinario personaxe e xenial arquitecto.