“Manifesto” de Martín Varela

41

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20 h.

Prezo: dende 8 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Tras a xira de “15 ilusións para unha noite” e as numerosas aparicións na TVG, chega “Manifesto”. Un espectáculo do ilusionista Martín Varela, no que calquera espectador que pense ver unha representación de maxia convencional, se verá sorprendido por unha posta en escena totalmente fresca, rompedora e sorprendente. Aparicións, desaparicións, transformacións e teletransportacións de persoas, seres mitolóxicos, animais e mesmo espectadores!. Martín compartirá co público a súa visión da maxia, da beleza e das artes. Dende o instante no que o espectador entra no teatro, a iluminación, o son, a música, o vestiario, os efectos especiais e os números nunca vistos farán que respire unha atmosfera máxica que o levará a través dunha viaxe cargada de imaxinación, creatividade e emoción. Prezo: dende 8 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com