PontedeTapas premiou aos seus clientes cunha viaxe a Viena e cheques de compra no comercio local e a Praza de Abastos

64

Unha ducia de persoas celebrarán este Nadal cunha satisfacción adicional: ter gañado un dos premios do concurso gastronómico PontedeTapas. O sorteo, celebrado hoxe entre as papeletas depositadas polos clientes nas urnas dos diferentes locais, celebrouse hoxe na Casa da Luz.
A Concellería de Promoción Económica e Turismo está xa a preparar o peche desta sexta edición do concurso que, este ano, inclúe a novidade dunha gala final que se celebrará o próximo luns, a partir das 19.30 horas, no auditorio de NovaGalicia (praza de San Xosé). Durante a gala, os establecementos finalistas elaborarán en directo as súas tapas (na dobre modalidade de tapa creativa e tapa tradicional) e os seus cócteles. O xurado profesional, presidido polo cociñeiro Pepe Solla, decidirá.
A concelleira Carlota Román destacou o alto nivel gastronómico do concurso exhibido polos 52 hostaleiros participantes. “PontedeTapas”, destacou, naceu como unha aposta por cubrir un período de temporada baixa coincidinte coa ponte da Constitución e resulta xa unha peza fundamental da programación turística de Pontevedra.
Os finalistas son El Cafetín, La Tienda de Clara, Loaira e Meigas Fóra (tapa creativa); A Trigueira, Sidrería Montañés e Taberna Zentola (tapa tradicional) e Cervecería PTV, Flanagan e Pub Marilyn (cócteles).
Haberá tamén dous premios especiais do público, saídos directamente do escrutinio realizado estes últimos días: El Aleph (modalidade de tapas, pola creación “San Juan, Magosto y San Martín”) e Chirala bar (polo cóctel “Crema Daikí”).
A gala, que é aberta a todo o público interesado, contará cunha exhibición de coctelería acrobática (“Flair Bartender”) a cargo da Asociación Galega de Barmans.
O broche final será a entrega dos seus premios os clientes agraciados no sorteo, cun valor próximo aos 4.000 euros. Son os seguintes:

 

  • Viaxe a Viena para dúas persoas: Candela González.
  • Cheque-regalo de 400 euros no comercio local: José M. González Abal.
  • Cheque-regalo de 350 euros no comercio local: Rafael Louzán Abal.
  • Cheque-regalo de 300 euros no comercio local: Francisco Tilve Outón.
  • Cheque-regalo de 250 euros no comercio local: Carlos Nieves Martínez.
  • Cheque-regalo de 200 euros no comercio local: Mónica Cangas Vázquez.
  • Cheque-regalo de 200 euros no comercio local: Lourdes Arias Rial.
  • Cheque-regalo de 100 euros no comercio local: Luz Rosales Carballo.
  • Cheque-regalo de 100 euros no comercio local: Ubaldo González Crespo.
  • Cheque-regalo de 200 euros na Praza de Abastos: Pablo Yarza Sobral.
  • Cheque-regalo de 200 euros na Praza de Abastos: Edelmiro Alejandre.
  • Cheque-regalo de 200 euros na Praza de Abastos: Nuria Magdalena Pastoriza.


A organización comezou hoxe a contactar cos gañadores para comprobar os seus datos. En caso dalgunha incorrección ou deficiencia o premio entregaríase ao suplente que, para cada premio, tamén quedou elixido no sorteo.
O escrutinio serviu tamén para concretar que os clientes de “PontedeTapas” emitiron un total de 32.106 papeletas de votación. A Concellería de Promoción Económica estima que en torno a un 30% dos clientes non encheron a papeleta, polo que o número total de tapas e cócteles vendidas estaría, en todo caso, por enriba das 40.000.