Presentación do libro “Habladme piedras”

66

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Entrada libre ata completar aforo.

Presentación do libro “Habladme Piedras. Pontevedra, historia y leyendas” de José Benito García.

Historia, lendas, anécdotas, personaxes, monumentos, rúas, prazas e todo o que de interese nos podemos encontrar na Zona Monumental de Pontevedra encóntrase aquí reflectido nesta obra.

Por primeira vez recompilouse, nun só volume, unha cantidade inxente de datos dos máis prestixiosos historiadores, investigadores, escritores, fotógrafos e debuxantes que tivo e ten a nosa cidade; e dos que realizaron estudos e traballos sobre esta.