A Praza de Abastos estrea a decoración de Nadal da man dos alumnos do Obradoiro de Emprego

93

A Praza de Abastos loce un aspecto propio destas datas gracias ao proxecto desenvolvido polos 15 alumnos do módulo de Dinamización Comercial do Obradoiro de Emprego de Monte Porreiro.
O proxecto, que consistiu na colocación de elementos decorativos e interactivos co público, mereceu hoxe a visita da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, quen destacou o esforzo do Obradoiro. Román subliñou que esta iniciativa, xunto coa instalación da I Feira de Doces de Convento, está a producir efectos moi positivos no Mercado municipal.
O proxecto incluíu elementos decorativos como paraugas colgados do teito, guirnaldas sobre as bancadas de peixe, bolas de Nadal, caixas de regalo, forrado en cores alegres das columnas centrais, siluetas nas paredes, uns renos elaborados en material reciclado, buzóns aos Reis Magos e, por suposto, unha árbore de Nadal.
Ao tempo colocáronse dous “photocall” no andar baixo e no primeiro andar para que os clientes da Praza podan levar un recordo simpático.