Lugar: Praza de España.
Horario de 11:30 a 14 h. e de 17 a 20:30 h.
O prezo da entrada é simbólica, e consiste en presentar nun tique de compra do comercio local de Pontevedra cun importe de tan só 3 €.
Unha “fábrica de soños” operada por gnomos cun completo programa de actividades para nen@s con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Dividida por “estacións” nas que se pode participar en cursos de cociña impartidos por un minichef experto en galletas, doces, masas, chocolate e mesmo comida para celíacos; obradoiros artísticos e musicais, inchables, futbolíns, concertos, representacións teatrais e de guiñol e, por suposto, inchables. No exterior, os usuarios poderán gozar do tradicional tiovivo.
Unha iniciativa de conciliación familiar organizada pola Concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.