“El mago de Oz”, o Musical

66

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia. Rúa Augusto González Besada, 2.

Hora: 17:30 h.

Prezo: dende 14 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

A historia é a de sempre, pero contada como nunca.

Dorothy, unha nena que vive nunha pradaría de Kansas, é transportada por un tornado ata o mundo de Oz. O que ela máis desexa é volver á casa. Para conseguilo terá que chegar a Cidade Esmeralda para ver o Mago de Oz, un misterioso home cos poderes necesarios para enviala de volta. Polo camiño encontrará uns aliados moi especiais: un Espantallo sen cerebro, un home de Lata sen corazón, e un León covarde.

Humor, aventuras, maxia, sorpresas e música, coas mellores voces e un amplo repertorio de cancións, entre elas a versión do célebre "Detrás do arcoíris". A iso hai que engadir o excepcional traballo de maquillaxe e caracterización.