“Cantos na Maré”. Festival Internacional da Lusofonía

50

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 21 h.

Prezo: dende 13,40 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Nesta edición do Festival Internacional da Lusofonía “Cantos na Maré”, as nosas e outras voces cántanlle a Rosalía, nunha nova lectura, reinterpretada á luz dos problemas de hoxe.

Cántanlle tamén a outros autores da lusofonía, facendo da poesía o centro do Cantos na Maré máis lírico. A mesma lingua, pero de moitas cores.

Para isto contan cunha figura excepcional, Amancio Prada, que dende o noso Bierzo veciño nos descubriu o esplendor da nosa poeta en cancións que xa fan parte de nós. Gaucho, de Río Grande do Sul (Brasil) chega outro mestre: Vítor Ramil, que visita por primeira vez a terra dos seus antepasados. Unha auténtica 'delicatessen'. Desde o noso mar, desde a ría de Vigo, desde Moaña: Budiño, un músico extraordinario, gaiteiro, frautista, compositor e buscador incansábel de melodías. A mestizaxe abrolla 'devagar' desde Portugal da man de Luiz Caracol, sabor afro-luso con aromas de Brasil. E Gabriela Mendes devólvenos o gusto pola música cadenciosa e sedutora de Cabo Verde.