Concerto de aninovo: Música ao vivo e ballet

37

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 19 h.

Prezo: 12 € + gastos (público xeral) e 10 € + gastos (estudantes, parados e xubilados) e dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Un replantexamento do clásico concerto de aninovo da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, acompañada do Ballet de Galicia que interpretará algunas das pezas.

Tradicionais valses e polkas de Strauss, Bach, etc acompañadas de algunha peza sorpresa. O concerto estará conducido polo director convidado Maximino Zumalave.

Como sorpresa e valor engadido, antes do comezo do espectáculo, cara ás 18 h., os bailaríns e bailarinas ensinarán os pasos básicos para bailar o vals.