Concerto de Brath

45

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia. Rúa Augusto González Besada, 2.

Hora: 21:30 h.

Prezo: dende 8 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Brath a banda liderada por Eloi Caldeiro, lanza o seu novo disco titulado “Codex”, o duodécimo na súa carreira discográfica, que ten como fío condutor o mito de Fisterra e de Compostela. Esta obra musical describe un mundo de culturas que ao longo do tempo confluíron na nosa terra, traídas por aquelas xentes que viñan ver a terra do fin do mundo. Durante o concerto interpretarán os temas deste novo disco e repasarán os temas máis emblemáticos do grupo nestes 33 anos de existencia de Brath.