Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3.
Horario: martes a sábado de 10 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado. (os días 24, 25 e 31 de decembro pechado).
Baixo este título ofrécese ó público unha selección das xoias que forman parte da colección do Museo de Pontevedra comprendidas entre a Antigüidade e o s. XX.
Exhíbense agrupadas en función dos seus usos e tipoloxías, encontrándonos, entre outras, pezas de xoiaría tradicional, as relacionadas coa maxia e a relixión, as de carácter sentimental, as de loito, as xoias en miniatura, as condecoracións, os reloxos…
As xoias seleccionadas preséntanse acompañadas por fondos doutra natureza (pinturas, miniaturas, debuxos, gravados, fotografías, indumentaria, complementos de moda e obxectos decorativos) nos que, dun modo ou outro, se ven reflectidos.