Exposición “Terra e Papel”

76

Lugar: Sala de exposicións do Pazo de Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra.

Horario: de martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

"Terra e Papel", obra creada por Fonso Castro, é unha actuación artística sobre un libro, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que viu a luz en 1863, Vigo, na imprenta de Juan Compañel.

Esta colección de obras está dividida en catro grupos: libro escultura, encadernacións artísticas, instalacións e libro de artista.

En todas as obras están os poemas que Rosalía escribiu para a primeira edición, tamén chamada “edición príncipe”, de Cantares Gallegos.

Na maioría das obras xógase con dous elementos o papel e o barro.

Estes vanse unindo e complementando, de tal forma, que crean pezas únicas. Esta é unha das bases da formación do título da exposición, xunto coa orixe dos poemas de Rosalía e para quen vai dirixido, á súa querida Terra Galega.

Os títulos das obras fan referencia a versos dos poemas e buscan incitar o espectador a ler e reler a obra de Rosalía.