“Antón Pulido. Kermesse”

58

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo, 3.

Horario: martes a sábado de  10 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado. (os días 24, 25 e 31 de decembro pechado).

Kermesse é o termo que define esta mostra de Antón Pulido na que se presenta unha ampla recompilación das súas obras máis recentes, que nunca foron expostas en Galicia.

As obras, que podemos contemplar nesta exposición, representan a evolución destas primeiras Kermesses. A figura humana xa non é evidente, a abstracción domina a linguaxe pictórica e a técnica, e a composición realízase a base de campos de cor. Esta é a etapa máis moderna de Antón Pulido, que pertence de xeito indubidable á categoría de Arte Contemporánea.

Algunhas destas obras viaxaron a lugares tan afastados como Corea ou Beijing, todas foron producidas nos últimos anos. A maioría son inéditas e expóñense por primeira vez en Galicia no Museo de Pontevedra