Colleita na Horta Leste

54

A concelleira de Medio Ambiente, Anxos Riveiro asiste mañá á colleita da horta da zona leste organizada mañá xunto coa Asociación de veciños Pedra do Lagarto, Manuel Quiroga.
A horta da zona leste púxose en marcha o pasado 4 de outubro como unha experiencia de achegamento aos ciclos dos vexetais comúns, á produción de alimentos e plantas ornamentais seguindo criterios ecolóxicos e para mellorar o aspecto ambiental e paisaxístico da cidade.
O proxecto, que tivo un grande seguimento da veciñanza, tivo varias fases como a plantación, o mantemento da horta, cursos de elaboración de marmeladas caseiras ou plantacións en balcóns.
A última parte do proxecto é a colleita da horta, que irá acompañado dun acto de confraternización veciñal onde aproveitarase para agradecer a todos os veciños a súa participación.
O acto será na horta do leste, fronte ao Centro Leste, a partir das 18.30 horas.