Exposición “Laxeiro”

63

Lugar: Galería About Art. Rúa Pasantería, 9 baixo.

Horario: de martes a venres, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.

Unha selección de obras realizadas polo coñecido artista lalinense, creador que pertence ao chamado "Movemento Renovador da Arte Galega" xunto con outros como Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luis Seoane ou Maruja Mallo. A mostra inclúe obra plástica en diferentes formatos e soportes: debuxo en papel, óleo sobre lenzo e tinta, ademais dalgún exemplar editado, que pertencen a diversas coleccións privadas, na súa maioría inéditas.