Reparación do saneamento na rúa Alemaña

59

O Concello inicia esta semana traballos de reparación da canalización de saneamento no barrio de Monte Porreiro, na rúa Alemaña. Segundo explicou o concelleiro responsábel do Ciclo da auga, Raimundo González, trátase dunha reparación dado que se detectou unha filtración subterránea do saneamento na zona e estase a crear un burato subterráneo.

Para reparalo instalarase unha canalización de 36 metros para as augas fecais  e outra para as pluviais. É preciso o peche da rúa -aínda que se permitirá o acceso a garaxes- porque se fará unha zanxa de 4 metros de profundidade.