Volven os Domingos do Principal

55

Un ano máis por estas datas chega o ciclo de teatro infantil e familiar “Domingos do Principal” que en 2014 celebra a súa 15ª edición. Coa finalidade de achegar aos nenos e nenas ao teatro de autor, de títeres, á danza, etc. e transmitir valores mediante ás representacións, a organización do ciclo en colaboración con Teatro Akatro, selecciona un amplo repertorio de obras pertencentes a compañías de todo o territorio nacional.
O ciclo extenderase do 19 de xaneiro ao 9 de marzo, cunha pausa o domingo 2 de marzo por mor do Entroido.
Nesta ocasión serán 7 os espectáculos diferentes que se representarán na súa totalidade no Teatro Principal  e, como xa ven sendo habitual en sesión matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.
Do mesmo xeito, realizaranse un total de 2 representacións concertadas con centros escolares os luns 27 de xaneiro (Xango) e 10 de febreiro (Aurora) cun único pase ás 11:30 horas.
As entradas están dende hoxe mesmo á venda anticipada en servinova e no 902 504 500 en forma de abono (200 matinais e 200 de tarde) para todo o ciclo, que da dereito a asistir a todas as funcións ben da modalidade matinal ou de tarde a un prezo de 16,00€ (gastos de xestión incluídos). Podedes adquirir desde xa os tickets individuais tamén en servinova a un prezo de 4€ (gastos incluídos). 
No caso de quedar entradas disponibles, poderanse adquirir 2 horas  antes de cada función na billeteira do Teatro.

 

Domingo 19 de xaneiro: : Una niña de La Rous(Andalucía)
Unha muller vive nun peirao enferruxado. Pesca todo o que a xente abandona.
Un día prende nas súas redes algo nunca visto: unha nena dentro dunha botella. Asustada, rexéitaa impulsivamente, tirándoa de novo ao mar, pero despois decide ir buscala. Primeiro nun barquiño de papel e logo no fondo do mar.
Premio Nacional de las Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud 2011
Teatro de actor e títeres. Espectáculo mudo. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 5 anos
www.larousteatro.es

Domingo 26 de xaneiro: Xango deTalía Teatro (Galiza)
Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar
Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!Un espectáculo que nos fará reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernético.
Teatro de actor, mimo e clown. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 7 anos
www.taliateatro.es

Domingo 2 de febreiro: La gran A…ventura  de  Marcel Gross (Catalunya)
Espectáculo “30 aniversario”.
Un gran A maiúsculo domina o cenário, é a letra A de Arte. Actuacións estelares de… Un gran papel prateado… un caldeiro do lixo… Unha viaxe a bordo dun A grandísimo… A camisa de papá… mimo… faquirismo…
Premio Mejor Espectáculo Castilla La Mancha 2012. Nominado mellor espectáculo de circo cómico premios Zirkolika 2011.
Clown. Duración: 60 minutos.Recomendado a partir de 3 anos
www.marcelgros.com


Domingo 9 de  febreiro Aurora de Elefante Elegante (Galiza)
Aurora é a historia do encontro dun aviador coa raíña das curuxas, que como a todas as curuxas gústalle máis a noite có día. Cando escurece séntese mellor ca nunca, voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía coma o vento. Pero ao amencer, énchese de tristeza, o sol queima a súa pel e cega os seus ollos.
En Aurora a música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.
Teatro de actor e videocreación. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 3 anos
www.elefanteelegante.net

Domingo 16 de febreiro: Clinc de Pep Bou (Catalunya)
“Clinc!” é o ruído que supoñemos que debe facer unha burbulla de xabón ao estourar, ou ao chocar con outra, ou ao rebotar…
Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de xeito pesimista, cando deciden contemplar a beleza do seu ámbito e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Trátase dun xesto ou un símbolo no que as personaxes cambian de actitude e no lugar de vivir con medo ó descoñecido gozan do seu descoñecemento.
Teatro de actor e burbullas. Duración: 65 minutos. Recomendado a partir de 4 anos.
www.pepbou.com

Domingo 23 de febreiro: Jardín en el aire de Da.Te Danza (Andalucía)
Qué pasaría se unha onda xigante nos alonxara do que era a nosa vida até hoxe?
Dúas personaxes arrastrados por unha catástrofe natural, chegan a un lugar extrano no que todo é novo e un ser que habita alí téndelles a man.
Unha historia de amizade, de crecemento e superación.
Danza. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 5 anos
www.datedanza.es

 

Domingo 9 de marzo : La isla desconocida Marqueliñe (Euskadi)
Cando acordou Ela foi diante da Raíña e pediulle un barco para navegar até a Illa Descoñecida. El, vasalo da Raíña, asombrouse da ousadía dela, e ao ver que a Raíña non podía negar a petición, decidiu seguila na súa aventura.
Buscar a nosa illa descoñecida é defender o noso dereito a desenvolver as nosas potencialidade e a nosa responsabilidade co noso destino.
Teatro de actor. Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 6 anos
www.markeline.com