A exposición sobre Rosalía comeza o ano no CEP Marcos da Portela

50

A exposición Rosalía sempre viva.Viva Rosalía! Comeza o ano no CEP Marcos da Portela, onde poderá visitarse do 13 ao 24 de xaneiro.
A exposición é cedida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que dispón dela ata febreiro deste ano, grazas á colaboración coa Fundación Manuel María.
A mostra está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, e complétase cun material didáctico que de pode descargar na seguinte ligazón:
https://www.manuelmaria.com/upload/recursos/cat_1/4/guia%20didactica%20rosalia%20sempre%20viva.pdf